Tuesday 17 de September de 2024

O PP de Culleredo esixe ao alcalde que se axilicen as labores de roza para evitar o alto risco de incendios deste verán


∙ A firma do contrato coa empresa que logrou a licitación produciuse o 12 de agosto, cando a situación en moitas estradas e zonas rurais de Culleredo é xa “de auténtica selva”.

∙ Izaskun García, portavoz popular, asegura que reciben “a diario queixas dos veciños realmente preocupados porque a maleza invádeo todo e desde o Concello non reciben ningunha resposta”.

Neste último ano foron moitos os veciños que se queixaron de como a maleza se ha ido comendo beirarrúas, camiños, estradas, accesos a leiras, etc. Este feito unido á calor do verán e ao alto risco de incendios que temos agora mesmo en Galicia preocupa e moito aos veciños de Culleredo.

En abril o goberno municipal sacou a licitación un novo contrato de rozas do que non houbo resolución ata este mes de agosto. “De novo o alcalde apura os prazos ata que a situación faise insostible. Fíxoo coa limpeza viaria e de edificios, estamos xa sen mantemento de parques e xardíns e formaliza o contrato de rozas ao 12 de agosto en pleno risco máximo de incendios forestais. Nin sabe nin quere facer nada ben”, manifesta a líder popular, Izaskun García.

Especialmente preocupante é a situación de núcleos de poboación que están moi preto de zonas forestais, como sucede na Zapateira e nas zonas rurais. “Alí os veciños levan meses reclamando ao Concello que comezasen coas rozas na primavera, pero atópanse coa práctica máis común deste goberno, todo para última hora. Só se rozaron algunhas zonas onde se celebraban as festas patronais, porque é o máis visible, pero…e o resto de zonas?”, pregúntase García Gorostizu.

Outro tema que preocupa a populares e veciños é o peche da empresa que prestaba en precario o servizo de parques e xardíns, “esta falta de mantemento, unido ás altas temperaturas, provocaron a proliferación de insectos en zonas como o paseo do río Trabe en Acea de Ama. Desde o seu AAVV comunicáronnos que empeza a ser serio o problema das picaduras a nenos e maiores que utilizan o paseo”, advirten desde o grupo popular.